Solidariedade con Palestina

YAMIL KASEM

Onte 26 de maio de 2024 hoy o unha proxección dun documental, na sede de Podemos Vigo, titulado: “El dolor es Palestino” e logo asistimos á presentación de Óscar Lomba e á intervención de Yamil Kasem.

Óscar Lomba, presidente da Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e militante de Podemos Vigo, presentou a Yamil Kasem como un símbolo de resistencia e voz fundamental na luita pola liberdade palestina. Destaca a súa valentía, compromiso e liderado ante a traxedia en curso, instando á acción internacional contra a opresión israelí.

A conferencia de Yamil Kasem foi moi emotiva e inspiradora. Yamil compartiu a súa historia persoal e experiencias, salientando a urxencia da loita pola liberación do pobo palestino. Yamil demostrou coraxe ao afrontar a opresión e violencia israelís, alén de exortar a comunidade internacional a actuar contra o masacre en curso e a esixir xustiza e liberdade para o pobo palestino. As súas verbas deixaron unha pegada duradeira nos presentes, reforzando o compromiso coa causa palestina e a necesidade de solidariedade e acción.

Yamil Kasem falou do apoio dos Estados Unidos a Israel, e dixo que ten raíces profundas baseadas en factores históricos, económicos, culturais, xeopolíticos e estratéxicos. Desde a súa fundación en 1948, Estados Unidos foi un aliado fundamental de Israel, proporcionando apoio político, militar e económico significativo.

Esta relación fortaleceuse pola influencia de grupos de presión pro-Israel nos Estados Unidos e a percepción de Israel como un socio estratéxico na rexión. Ademais, o sionismo cristián entre as elites británicas e estadounidenses xogou un papel importante, baseándose en interpretacións relixiosas da Biblia. Israel tamén xoga un papel determinante na zona como base militar nunha rexión xeopolíticamente importante.

O conflito con Irán baséase en intereses xeopolíticos e en diferenzas ideolóxicas, relixiosas e territoriais, exacerbadas pola retórica hostil e as accións belixerantes do sionismo e o imperialismo norteamericano, porén para os palestinos Irán é un contrapeso ao dominio israelí na rexión.

Por otra banda, e malia ás tensións políticas ocasionais con Estados Unidos, o apoio estadounidense a Israel sempre foi constante e estable.

As empresas multinacionais norteamericanas e europeas, incluídas algunhas con intereses en Israel, e unha morea de empresas israelís benefícianse da ocupación e a explotación de recursos palestinos. A normalización de relacións entre algúns países árabes e Israel, mentres procuran estabilidade e beneficios económicos, son unha traizón á causa palestina.

En última instancia, desde a perspectiva do pobo palestino, o apoio Europeo a Israel representa unha complicidade na ocupación e o sufrimento continuo. É fundamental que a comunidade internacional tome medidas concretas para poñer fin á ocupación e garantir os dereitos humanos na rexión.

Moitas grazas Yamil pola túa visita á sede de Podemos Vigo. Palestina vencerá!

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e Podemos Vigo comprácense en convidar a toda a cidadanía viguesa interesada a asistir á proxección do documental «El Dolor es Palestino«, que terá lugar este venres 26 de abril de 2024 ás 19:00 horas na sede de Podemos Vigo, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.

O evento contará coa proxección do documental «El Dolor es Palestino» seguido dunha palestra a cargo de Yamil Kasem, figura salientable na loita pola xustiza e a liberdade en Palestina. Yamil Kasem é dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina (FDLP) e membro do Consello Nacional PalestinoYamil dedicou décadas da súa vida á causa palestina. O seu liderado e o seu visión estratéxica foron fundamentais para manter viva a chama da resistencia palestina no medio da adversidade. Desde as trincheiras da política internacional, denunciou incansablemente os crimes de Israel e avogou por unha solución xusta e duradeira ao conflito. Porén a loita de Yamil vai máis aló dos despachos e as negociacións diplomáticas. O seu compromiso co seu pobo levouno a estar presente nas rúas, xunto aos manifestantes, enfrontándose á represión e a violencia do ocupante israelí. A súa valentía e a súa determinación son un exemplo para todas e todos nós, lembrándonos que a verdadeira liberdade conquístase con sacrificio e coraxe.

Nun momento histórico como o que estamos a vivir, coa escalada de violencia e o xenocidio en Gaza, a voz de Yamil Kasem ecoa con máis forza que nunca. O seu chamado á solidariedade internacional, a súa esixencia de xustiza e a súa visión dun futuro libre de ocupación e apartheid inspírannos a todas e todos a unirnos na loita pola liberdade e a dignidade do pobo palestino. 

Pedimos a difusión deste importante acto de solidariedade co pobo palestino.

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA:

Falarán:

* Óscar Lomba (Asociación Colectivo Rexurdir Galicia e militante do Círculo de Podemos Vigo)

* Yamil Kasem (Dirixente da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina – FDLP e membro do Consello Nacional PalestinoCNP).

ACTO DE SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

DATA: Venres 26 de abril de 2024

HORA: 19:00 horas

LUGAR: Sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9

Presentación dos libros de Antolín Pulido na sede de Podemos Vigo

Antolín Pulido Vázquez, nado en Talavera de la Reina en 1962, é moito máis que un escritor. Cunha vida marcada pola loita polos dereitos humanos, a mediación de conflitos e o seu activismo incansable, deixou unha pegada indeleble en varios países como membro das Brigadas Internacionais.

Ademais do seu labor como antropólogo e pedagogo, Antolín Pulido é un home polifacético, sendo escritor, activista, politólogo, artista plástico e moito máis. A súa obra literaria, que aborda temas sociais e políticos cunha visión crítica e comprometida, foi amplamente recoñecida.

Entre as súas obras podemos salientar «La memoria de los nadie» en tres volumes, «Teatrillos contra memoria» e «Textos de Combate de ahorita mismo«, entre outros. A súa pluma incisiva e o seu compromiso coa xustiza social fan dos seus escritos unha ferramenta valiosa para a reflexión e o cambio social.

Nesta presentación, tivemos o privilexio de escoitar de primeira man as verbas de Antolín Pulido González e puidemos mergullarnos no universo da súa obra. 

Moitas grazas Antolín!

PODES BAIXAR OU DESCARGAR OS SEUS LIBROS: LIBROS DE ANTOLÍN PULIDO

Encontro de militantes en Vigo

O pasado martes 16 de abril celebramos no sede de Podemos Vigo un encontro coa militancia onde debatemos e reflexionamos sobre o pasado, presente e futuro de Podemos en Vigo e no conxunto da Provincia de Pontevedra.

Durante o encontro, os participantes tiveron a oportunidade de expresar as súas ideas e inquedanzas en relación coa evolución do partido, así como coas estratexias a seguir de cara ao futuro, especialmente nas eleccións ao parlamento europeo.

Tamén se abordou a análise da última confrontación electoral das eleccións galegas e os resultados obtidos, para identificar liñas de actuación que poidan fortalecer a presenza de Podemos Galicia tanto a nivel local como a nivel provincial.

Este tipo de encontros son vitais para fomentar o debate construtivo e as reflexións que impulsan o crecemento e a evolución dun partido político como Podemos.

ENCONTRO COA MILITANCIA

ENCONTRO PROVINCIAL COA MILITANCIA DE PODEMOS

O martes 16 de abril temos un encontro militante en Vigo coa presenza de Isabel Faraldo (Voceira Autonómica de Podemos Galicia) e Carmen Berzosa (Responsable de Podemos Galicia no Provincia de Pontevedra). O encontro será unha xuntanza necesaria para tratar diversos temas de interese para Podemos na Provincia de Pontevedra e tamén na Cidade de Vigo.

Durante o evento, as persoas participantes terán a oportunidade de compartir ideas e perspectivas sobre o futuro de Podemos en Pontevedra e arredores, así como abordar as cuestións fundamentais que afectan a nosa organización.

Ademais, será unha ocasión para fortalecer os lazos dentro do partido e establecer estratexias en conxunto para avanzar nos obxectivos comúns. Probablemente trataremos tamén os vindeiros retos de Podemos como as Eleccións Europeas.

Agardámosvos a todas neste encontro para construír un futuro máis sólido e comprometido co cambio na nosa cidade e provincia.

ENCONTRO PROVINCIAL DE PODEMOS

Seguimos coa rolda de encontros provinciais en Vigo (Pontevedra) da man da Voceira de Podemos Vigo Meli Vázquez, a responsable provincial Maria del Carmen Berzosa e a voceira autonómica de Podemos Galicia Isabel Faraldo.

🗓 Día: Martes 16 de abril 

🕕 Hora: Ás 18:00h 

📍Lugar: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 (Sede de Podemos Vigo).

Agardámosvos!. Participa e difunde. Comparte en redes sociais.

Manifestación pola República

Hoxe, 14 de abril de 2024, Podemos Vigo celebramos o 93 aniversario da IIª República. Unha morea de viguesas e vigueses participamos hoxe, como cada 14 de abril, na manifestación pola República.

A marcha saíu ao redor do mediodía do cruzamento de Vía Norte con Urzaiz ata Porta do Sol.

A militancia de Podemos Vigo berramos con forza moitos de lemas da marcha como: Queremos República e loitaremos por ela, Referendo Xa, Monarquía e Capital, alianza criminal, Os borbóns son uns ladróns, Patriarcado e monarquía a mesma porquería…

O actor redondelán Alberto Rodríguez Cunha, Tatán, foi o encargado de ler o manifesto. O acto concluíu coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.

Vídeo Manifestación pola República (14/04/2024)

Podemos Vigo pola IIIª República

Podemos Vigo, do mesmo xeito que Podemos a nivel estatal, avoga por impulsar unha IIIª República no estado español como un cambio na xefatura do Estado cara a un sistema republicano, en contraposición á monarquía actual. Isto implica unha revisión profunda do sistema político e constitucional do país.

A loita pola instauración dunha Terceira República radicalmente democrática e plurinacional no estado español fundaméntase na necesidade de romper cun pasado marcado pola ditadura franquista e a continuidade das súas estruturas na monarquía parlamentaria. Desde a promulgación da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado en 1947, que propuxo a Juan Carlos I como sucesor de Franco, até a actualidade con Felipe VI, a monarquía representou e representa unha carga pesada para o país.

A designación de Juan Carlos I como herdeiro do réxime franquista, ratificada polas Cortes Españolas en 1969, vinculou á monarquía cos principios do Movemento Nacional e o ideario franquista. Este feito supuxo unha falta de ruptura democrática e deixou unha herdanza de lexitimidade cuestionable á institución monárquica. Aínda que a transición á democracia en 1975 levou consigo a restauración da monarquía parlamentaria, esta mantívose como un legado non democrático da ditadura.

Durante décadas, a monarquía española estivo envolvida en escándalos de corrupción, malgaste e conduta inapropiada por parte de case todos os seus membros, incluído o rei emérito Juan Carlos I. A falta de transparencia e rendición de contas ao redor das finanzas da Casa Real alimentou a desconfianza e a indignación da cidadanía. Ademais, a complicidade dos diferentes poderes do Estado e unha prensa cómplice contribuíron a ocultar os problemas éticos e financeiros que rodeaban á casa real e a persistente crise de lexitimidade da monarquía española xerou un crecente apoio á idea de establecer unha república como forma de goberno. A demanda dunha III República xorde da aspiración de construír un sistema político baseado en principios democráticos e valores republicanos, onde o poder emane do pobo e se exerza en beneficio de toda a sociedad.

A instauración dunha Terceira República en España non só implicaría un cambio no sistema de goberno, senón que suporía tamén unha redefinición da identidade nacional e o proxecto colectivo do país. Sería unha oportunidade para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria, xusta e plural, onde se respecten os dereitos fundamentais e se promova a participación cidadá na toma de decisións políticas.

No contexto da actualidade política e social, a defensa da república adquire unha relevancia especial en nacións como Galicia, onde persiste un arraigado sentimento de identidade. A bandeira tricolor, o himno De Riego e o himno galego convértense en símbolos de resistencia e aspiración democrática, reflectindo o desexo de emancipación dunha historia marcada pola opresión e a exclusión.

A mobilización cidadá en favor da república maniféstase en diversas formas de protesta e activismo, desde a participación en manifestacións até a difusión de ideas e valores republicanos na esfera pública. A data do 14 de abril, que conmemora a proclamación da Segunda República en 1931, eríxese como un momento de reivindicación e memoria histórica, lembrando os ideais de liberdade, igualdade e fraternidade que inspiraron aquel período de transformación e esperanza.

A construción dunha Terceira República en España non será un proceso doado nin exento de desafíos. Requirirá o compromiso e a colaboración de diferentes sectores da sociedade, así como a superación de obstáculos políticos e institucionais. Porén, a aspiración a unha república democrática e plural segue sendo un horizonte desexable e necesario para o futuro de España como nación moderna e transformadora.

En conclusión, a instauración dunha III República no Estado español representa unha oportunidade histórica para romper co legado autoritario do pasado e construír un futuro baseado nos principios de liberdade, igualdade e xustiza. É unha aspiración lexítima e necesaria que atopa eco na vontade democrática e o compromiso cidadán por un país máis xusto e democrático.

CEA DA MILITANCIA E SIMPANTIZANTES de PODEMOS VIGO. 13 de abril de 2024.

A organización Podemos Vigo está comprometida coa participación e o envolvemento da súa militancia de base. Para avanzar nesta dirección, celebraramos unha cea aberta a toda a militancia, rexistradas e simpatizantes de Podemos Vigo.

A cea terá lugar no Restaurante Rías Baixas 1, na rúa República Arxentina 2 – Baixo, o vindeiro sábado 13 de abril ás 21:00 horas. Esta será unha gran ocasión para compartir ideas e fortalecer os lazos dentro da comunidade de Podemos Vigo. Agardamos unha gran afluencia de participantes para este encontro que promete ser enriquecedor e ameno.

A cea anual de Podemos Vigo xa é unha tradición da nosa organización.

A cea anual de Podemos Vigo é un evento importante que reúne os membros da organización para celebrar os logros do ano e reforzar os lazos entre a nosa militancia e resto de persoas próximas a Podemos. Esta tradición fortalece o espírito de comunidade e solidariedade dentro de Podemos Vigo, ofrecendo unha ocasión para reflexionar sobre os desafíos superados e os obxectivos futuros.

A cea tamén serve como unha oportunidade para recoñecer o traballo arduo e dedicación das persoas integrantes de Podemos Vigo, reforzando así a motivación e o compromiso co noso partido-movemento.

Agardamos con entusiasmo celebrar esta tradición anual e seguir avanzando xuntas hacia un futuro mellor.

Participa e comparte un momento máxico coas túas compañeiras e compañeiros de Podemos Vigo.

Se queres participar contacta con Podemos Vigo

Contacta no teléfono: 696983948

Presentación dos libros de Antolín Pulido

Presentación do libro de Antolín Pulido

Falarán:

Óscar Lomba Álvarez. (Vigo, 11 de novembro de 1966). Militante do Círculo de Podemos Vigo

Antolín Pulido Vázquez (Talavera de la Reina, 23 de outubro de 1962) é un antropólogo, pedagogo, escritor e teórico marxista español. Como activista polos dereitos humanos e mediador de conflitos, participou en varios países como membro das Brigadas Internacionais.

Antolín Pulido Vázquez ademáis é escritor, activista, miliciano, politólogo, liberador de nenos escravos, artista plástico, deseñador gráfico, pai, avó, cooperante, deseñador de campañas combativas, locutor radio, presentador de mini programas TV, rapsoda de recitais poéticos, director de montaxes teatrais, sobrevivente, antropólogo, teatrólogo, investigador da memoria histórica e algunhas cousiñas máis.

Bibliografía publicada:

* 2016 – La memoria de los Nadie. Volumen 1.

* 2016 – La memoria de los Nadie. Volumen 2.

* 2016 – La memoria de los Nadie. Volumen 3.

* 2019 – Teatrillos contra memoria. (Teatro) Editorial Buenos Días República.

* 2019 – Textos de Combate de ahorita mismo.

Outras publicacións

* Textos urgentes de cuentautor de guardia

* Panfletos de amor y lucha

* Isla Resistencia

* Justicia Uno traguitos carrasposos

* Nosotras

* Textos de combate de ahorita mismo

* Caramelos de acero

* Cuaderno de bitácora de Quico

* Sangre verde

– PRESENTACIÓN LIBROS DE ANTOLÍN PULIDO GONZÁLEZ

Día: 18 de abril de 2024

Hora: 20:00 h.

Lugar: Sede de Podemos Vigo (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 en Vigo).

Manifestación pola República

2024 · Manifestación Pola República o domingo 14 de abril en Vigo

Este próximo domingo 14 de abril de 2024 ás 12:00 h., a militancia e simpatizantes de Podemos Vigo participaremos activamente na manifetación convocada pola Asemblea Republicana de Vigo. Podemos Vigo fai un chamamento ao conxunto da cidadanía viguesa e a veciñanza da bisbarra de Vigo para que asistan e participen nunha nova Manifestación Pola República.

É unha oportunidade para demostrar o apoio á causa da República e para unirse nunha voz colectiva en favor dun cambio que promova unha sociedade máis xusta e igualitaria. A participación de toda a cidadanía é importante para facer soar as súas voces e demandas. É un chamado a reunirse e fortalecer os lazos comunitarios nun esforzo común para avanzar cara a unha IIIª República.

A mobilización arrancará desde o cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz e rematará na Porta do Sol, ao carón da Rúa da II República, onde o actor redondelán Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, “Tatán”, dará lectura ao manifesto.

O acto de peche da Manifestación concluirá coas intervencións de Catalina Pahíno e a lectura do manifesto a cargo de Tatán, integrante do reparto de filmes como A lingua das bolboretas ou máis recentemente, Matria.

O acto rematará coas interpretacións dos himnos, galego e republicano, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.

Difunde, comparte en redes sociais e participa!